O Campamento de Verán de Rianxo vén este ano con 195 prazas

03 Xuño 2022

O Concello de Rianxo presentou os detalles da edición 2022 do Campamento de Verán e Plan Madruga, dous programas de lecer que teñen o obxectivo de favorecer a conciliación nas familias durante a vindeira tempada estival.

Desenvolveranse entre o 4 de xullo e o 26 de agosto, estando previsto rematar as actividades cunha romaría familiar o 27 de agosto que marque o remate da edición 2022 do campamento.

O horario deste será o seguinte: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h. O horario do Plan Madruga será tamén de luns a venres pero de 08.00 a 10.30 h.

As persoas destinatarias serán nenas e nenos nados entre 2010 e o 2018, ambos incluídos. As actividades desenvolveranse en tres localizacións: o Pazo de Rianxiño, o CEP Brea Segade de Taragoña e máis o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. As prazas serán 195, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 120

CEP Brea Segade: 45

CEIP Ana Mª Diéguez: 30

O Plan Madruga ofrece 45 prazas, distribuídas desta maneira:

Pazo de Rianxiño: 15

CEP Brea Segade: 15

CEIP Ana Mª Diéguez: 15

A cota de Inscrición é de 80 euros para o campamento e de 15 para o Plan Madruga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...