O BNG manterá reunións nas parroquias ribeirenses para darlle protagonismo ás demandas veciñais

02 Xuño 2022

O BNG ribeirense vai desenvolver durante todo o mes de xuño reunións en todas as parroquias do concello para escoitar á veciñanza e trasladar as súas demandas aos organismos e institucións pertinentes.

Segundo informou o responsábel local do BNG, Xabier Vidal Peón, “tras dous anos sen poder facer estas asembleas abertas nas parroquias por mor da pandemia, decidimos retomalas para escoitar de primeira man todas as necesidades que ten a veciñanza”. Vidal Péon detallou que as reunións denominadas “Parroquias con Voz” teñen un carácter aberto e calquera persoa pode achegarse para preguntar cuestións do seu interese, facer propostas ou simplemente escoitar.

En palabras do voceiro nacionalista, Luís Pérez Barral, “Parroquias con Voz pretende darlle maior protagonismo ás parroquias, por seren as grandes esquecidas e desatendidas do goberno local”. Segundo Barral, “imos facer algo que o PP foi incapaz de realizar nos 30 anos que leva á fronte do Concello, que a veciñanza participe e poida escoller o destino dunha parte dos Orzamentos que se destinan á súa parroquia”.

Calendario de xuntanzas

Palmeira: 3 de xuño, ás 20:30h na casa do mar
Castiñeiras: 9 de xuño, ás 20:30h na casa da cultura
Corrubedo: 10 de xuño, ás 20:30h na casa do mar
Oleiros: 16 de xuño, ás 20:30h no centro social
Olveira: 17 de xuño, ás 20:30h no centro social
Artes: 30 de xuño, ás 20:30h no centro recreativo
Carreira: 1 de xullo, ás 20:30h na casa da cultura
Aguiño: 7 de xullo, ás 20:30h no Conservatorio (Nova data)

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.