O Auditorio do Museo Valle-Inclán pobrense acubillou a presentación do terceiro libro de Laura Novelle

Laura Novelle presentou na tarde deste 10 de xuño no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do
Caramiñal o seu terceiro libro: Cuando me digas te quiero. Trátase dunha novela de ficción que parte da vida de soño que leva Nora ata que se trastornan as súas certezas, e, co apoio incondicional da súa irmá,
emprenderá un camiño de reconstrución persoal a través dunha viaxe que lle ensinará a acepta-la súa nova realidade.
No acto, que contou con Cristina Andrade como presentadora e co acompañamento musical a cargo da Escola de Música da Pobra, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), puxo en valor a
literatura como un dos eixes vertebradores da cultura e a importancia de fomenta-la lectura e establece-la como un hábito, non só pola súa compoñente lúdica, senón tamén reflexiva e educativa, especialmente nas idades máis temperás.
A edil, ademais, trasladou o desexo de que a autora, procedente do Carballiño e afincada na Pobra, continúe incrementando a súa produción literaria.