O 25 de xuño a praza Rafael Dieste de Rianxo acolle o XVIII Festival de Baile e Música Tradicional de Fogo Fatuo

24 Xuño 2022

O 25 de xuño a praza Rafael Dieste de Rianxo vai dar acollida un dos grandes eventos culturais da comarca que preludian e inauguran a axenda de acontecementos do verán: a XVIII edición do Festival de Baile e Música Tradicional Fogo Fatuo, organizado pola entidade do mesmo nome.

Segundo puidemos saber a través do Facebook da asociación rianxeira, o evento incluirá exhibicións de baile, traxes tradicionais galegos e música (pandereiteir@s e gaiteir@s), ao que se engade un sorteo de prendas tradicionais (toquillas, panos, faixas bordadas, sombreiros, máis diverso material de promoción da asociación). Participarán nesta cita cultural, apoiada polo Concello, integrantes de Fogo Fatuo de todas as idades.

Como lembraremos, a asociación leva a cabo diferentes actividades de lecer e culturais en Rianxo tales coma os festivais de nadal e de verán (por exemplo o previsto para este 35 de xuño) e máis o Serán do Patrocinio no Campo de San Xosé en Rianxiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...