“Non morre, cambea para seguir vivindo”. Antón Luaces

24 Xuño 2022

Un medio de comunicación escrito como é “El Correo Gallego”, nádo en Ferrol e posteriormente trasladada a súa sede  a Santiago de Compostela, vencellado  dende vai case que un século e medio á comarca do Barbanza -nomeadamente a Ribeira, Noia, A Pobra, Muros..- vive estes días a súa despedida da actual situación económica que o conduciu á vía xudicial para que o Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña procedera a declarar esta histórica cabeceira  – Editorial Compostela- en concurso de acreedores.

Máis de 70 famiias dependen nestes momentos deste xornal  no que, a mediados dos anos 70 do século pasado, tiven a oportunidade de vivir experiencias inesquecibles xunto a  tres membros da familia Alvite (neto, sobriño e fillo), Luis Pousa, Pepe Couselo, José Luis Gómez, Juan María Gallego Tato (director), José Manuel Rey Nóvoa (administrador e posterior director) e un longo etc., no que entra o que durante moitos anos foi correspondente dese diario en Ribeira Antonio Ben-Rey Regueira (“Ferio”).

Eran, aqueles, tempos de cambios: morre Franco e nace un brioso momento de transformación nos medfios de comunicación, no que a familia Barreras, propietaria do xornal, chegou a ter representación en Cortes por Alianza Popular.

Lembro que celebramos todo o cadro de persoal o primeiro centenario do Correo á veira do Sar, onde cada quen amosou a súa esperanza no futuro e o desafío que este implicaba para cada un de nós no seo da familia do Correo. Mais ninguén podía cavilar naqueles momentos que chegaría aquel benquerido xornal a circunstancias como as que agora mesmo pasa, após o feito de que moitos dos traballadores e xornalistas mesmo tiveran que renunciar a  parte dos seus salarios. Grazas a este feito a cabeceira do Correo mantívose activa ata hoxe e malia os problemas surxidos a cotío para  aboar os salarios do persoal.

“El Correo Gallego” segue a ser un dos grandes referentes do xornalismo galego e ewtou ben seguro de que a nova empresa que se vai facer cargo del, saberá encamiñalo de xeito  tal que, acadando o incremento de lectores, atope tamén o vieiro económico que lle permita un tránsito feliz no mundo duro e difícil da comunicación escrita.

Moita sorte.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.