Noia presenta a edición 2022 do seu Campamento Urbano, que xa ten aberto o prazo de inscrición

01 Xuño 2022

Este martes 31 de maio o Concello de Noia (a través da Concellería de Deportes) presentou as actividades incluídas no Campamento Urbano 2022, que xa ten aberto o prazo de inscrición dende este primeiro de xuño.

De xeito complementario, o Consistorio tamén acolleu a axenda de lecer de Concilia Bergondo, edición 2022, que este ano ábrese á rapazada de Noia, pertenza ou non ao centro educativo onde se levarán a cabo as actividades. Por certo que o Concilia Bergondo tamén tan aberto o prazo de inscrición.

A edición 2022 do Campamento Urbano de Noia desenvolverase entre o 4 de xullo e o 12 de agosto, no Pavillón Agustín Mourís. Haberá tres quendas: a primeira, do 4 ao 15 xullo, a segunda, do 18 ao 29 de xullo, e a terceira do 1 ao 12 de agosto.

Estes son os horarios do campamento noiés:

-08:30 a 09:30: Madrugadores.

-09:30 a 14:00: Campamento.

-14:00 a 15:00: Recollida tardía.

As inscricións deberán facerse na Casa do Concello, no rexistro de entrada en horario de 09:00h a 14:00h ata o 25 de xuño.

Ademais, o segundo fillo terá un desconto do 50% e o terceiro dun 80%.

Respecto do Concilia Bergondo 2022, celebrarase entre o día 23 de xuño e o 7 de setembro. A primeira quenda será do 23 de xuño ao 4 de xullo, a segunda do 4 de xullo ao 16 de agosto, e a terceira do 16 de agosto ao 7 de setembro. Os horarios son os seguintes:

-07:30 a 10:00: Bos días.

-10:00 a 14:00: Campamento.

-14:00 a 15:00: Comedor (xantar con tupper).

A inscrición farase online a través desta ligazón.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.