Noia celebra o Día do Medio Ambiente cun obradoiro de decoración de macetas e casas de paxaros

01 Xuño 2022

Co gallo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, este sábado de xuño, o Concello de Noia vén de programar, para ese mesmo día, un obradoiro de decoración de macetas e de elaboración de casiñas para paxaros. A actividade desenvolverase en horario de 11.00 a 13.30 horas., no Claustro do Casa Consistorial.

Segundo fixeron saber dende o Concello, o taller está destinado a participantes de calquera idade. Para asistir só é preciso descargar a ficha de inscrición da páxina web do Concello, cubrila e enviala por Whatsapp ao número 677.555.748 ou por correo electrónico a info@orbitainfantil.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.