Media Rural organiza na Pobra un curso sobre uso sustentábel de fitosanitarios na produción primaria agrícola

21 Xuño 2022

O Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña ( Medio Rural da Xunta), vai celebrar na Pobra un curso de formación profesional en normativa sanitaria esixíbel e uso sustentábel de produtos fitosanitarios na produción primaria agrícola. A formación será na aula de estudos do Instituto Social da Mariña o vindeiro 28 de xuño, cunha duración total de 5 horas en horario de tarde (16:00 ás 21:00 horas).

O obradoiro aborda tres bloques de contido. Os dous primeiros centraranse na normativa sectorial; o terceiro e último instruirá aos alumnos no manexo de diferentes tipos de documentación, coma cadernos de campo e rexistros de limpeza, así coma un repaso polas diferentes normas de hixiene.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende “dar a coñecer as obrigas dos operadores expostas na lexislación en materia de produción primaria e hixiene”. A iniciativa diríxese ás persoas ligadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Así mesmo, o obradoiro tamén pretende ofrecer unha oportunidade laboral á xuventude do medio rural galego.

Lembrar que Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano que pode consultarse en liña. Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 981 184 548, ou enviarse un correo a antonio.rivera.martinez@xunta.gal.

Outros artigos

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Alí estará arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo. No libro, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...