Lu Cerviño ofreceu o seu concerto de fin de grao profesional no Conservatorio de Ribeira

O Conservatorio de Música de Ribeira (Conservatorio Enrique Paisal) informou de que o pasado venres 17 de xuño celebrouse o concerto fin do grao profesional de Lu Cerviño Portela.

Segundo engadiu, Lu remata os seus estudos profesionais na especialidade de frauta traveseira despois de estar case que 15 anos no centro, primeiro na Escola Municipal de Música e con posterioridade, ao chegar á idade de 8 anos, pasar a estudar oficialmente no Conservatorio Municipal de Ribeira.

No concerto estivo presente a concelleira de Educación, Juana Brión.