Laura Novelle presenta na Pobra o seu libro “Cuando me digas te quiero”

06 Xuño 2022

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal será escenario dunha nova cita cultural. Nesta ocasión, Laura Novelle presentará o seu libro Cuando me digas te quiero, que parte da vida de soño que leva Nora ata que se trastornan as súas certezas, e, co apoio incondicional da súa irmá, emprenderá un camiño de reconstrución persoal a través dunha viaxe que lle ensinará a aceptar a súa nova realidade.

O acto desenvolverase no 10 de xuño, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións da propia autora; da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e de Cristina Andrade, quen exercerá como presentadora.

Organiza a Concellaría da Cultura, coa colaboración da A.C. Escola de Música da Pobra do Caramiñal.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.