“Lanzamentos de vivendas” – José Manuel Pena

27 Xuño 2022

435 lanzamentos de vivendas durante o primeiro trimestre do ano en Galicia, segundo datos do Conselleiro Xeral do Poder Xudicial. A maioría deles son desaloxos por falta de pagamentos de alugueres. Continúa a sangría de miles de persoas e iso a pesar de que aínda hai cantidade de procedementos xudiciais pendentes de resolución, por atoparse dentro dos colectivos, familias e persoas vulnerábeis que se atopan en suspenso, grazas ás medidas adoptadas por parte do Goberno do Estado como consecuencia da pandemia sanitaria.

O Dereito á Vivenda continúa sen estar garantido, tanto en Galicia como no resto de España. Cando se queren adoptar medidas, como o borrador da futura Lei de Vivenda do Goberno de España atópase con moita oposición por parte de certas Comunidades Autónomas, que teñen competencias sobre vivendas e sinalan que se negarían a aplicar dicha normativa por motivos meramente ideolóxicos.

Certas Administracións Públicas utilizan determinados argumentos de maneira partidista sen mirar para nada os intereses xerais da maioría de cidadáns. Non poden seguir utilizando a demagoxia dicindo que o Goberno quere intervir a propiedade privada ou de limitar os beneficios de ningunha empresa privada, porque até o momento e nestes tres anos do Goberno de España non se adoptou ningunha medida neste sentido.

A vivenda xa ten que deixar de ser unha cuestión menor para as Comunidades Autónomas, tendo que desenvolver e aplicar as súas competencias en beneficio de todos os seus cidadáns, maiormente acudindo en defensa dos máis vulnerábeis e indefensos da sociedade. Para iso están as Administracións Públicas, non o esquezamos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...