“Jesús do Páramo” – Xulio Xiz

16 Xuño 2022

Jesús Méndez le La Voz todos os días, recorta o que lle chama a atención e mándao aos que sabe nos interesa. Ata hai pouco, todos os días tomaba café na praza Maior, e facía o mesmo percorrido urbano saudando aos amigos colleitados durante o seu intenso tempo de Secretario do Concello do Páramo.

Devoto do Santo Alberte que ten santuario na súa parroquia do Sambreixo guitiricense, este especial chairego é para todos Jesús do Páramo, polo traballo alí desenvolvido que lle mereceu homenaxe o pasado sábado no comezo das XLIV Feiras e festas da primavera paramesa.

Méndez impulsou en 1976 a Asociación de Amigos do Campo da Feira do Páramo, o rescate do seu extraordinario campo feiral e dos seus pendellos, e desde entón – xunto con paramesas e parameses entregados – protagonizou o desenvolvemento dun acontecemento comercial e social que fai do Páramo punto de referencia das feiras do país.

Neste Campo da Feira, á beira do concello, unha gran folla de carballo en pedra mostra o seu perfil e será permanente homenaxe a un secretario do concello que, rebasando funcións e cometidos do cargo, se mollou polo Páramo, xuntou esforzos e contribuíu ao desenvolvemento dun concello con vocación agraria e gandeira que pode presumir dun dos primeiros campos da feira de Galicia – por non desairar a ninguén, non digamos o primeiro – e dunhas Feiras que culminan nas da Primavera de xeito extraordinario.

Méndez, este sábado, demostrou que a súa memoria e intelixencia seguen intactas, falando con paixón do Páramo e das súas xentes. Que a forza o acompañe no físico, como segue a facelo vibrar no sentir e no ser.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.