Final XXI Regata FRINSA-Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey

25 Xuño 2022

Un trazado costeiro polo interior da ría de Arousa foi o elixido polo comité da Regata FRINSA –Trofeo
Presidente Ramiro Carregal Rey, con dous pasos diferentes entre boias, dependendo da categoría e clase na que navegasen cada un dos preto de 40 veleiros que tomaron parte nesta XXI edición da proba
velística máis popular da comarca do Barbanza.

Para os Regata e Cruceiro/Regata estableceuse o Numeral 20, con algunha modificación, facendo Saída, Boia de Desmarque por Estribor, Boia Baixo Esqueiro por Babor, Faro Pedra Seca Estribor, Boia Baixo Ter Babor, Boia Sinal do Maño Estribor, Baliza Amarela en Praia Coroso Babor, Rodeando Isla Rúa Babor e Chegada, cunha distancia aproximada de 15 millas, case 30 km.

Os Cruceiro navegaron o Numeral 18, facendo Saída, Boia de Desmarque Estribor, Sinal do Castro Babor, Isla de Ría Babor, Baliza do Ter Babor e Chegada nas inmediacións do Club Náutico Deportivo de Ribeira, organizador da cita, navegando ao redor de 9 millas, un 18 km.

O bocinazo de saída deuse con total puntualidade. Ás 12 do mediodía, cun vento do sueste e 10 nós estables de intensidade, os veleiros da Regata FRINSA atravesaban a liña, enchendo de velas a ría de Arousa.

Entre regatistas e convidados (máis de 800) as augas arousás foron escenario dun espectáculo deportivo, cheo de gran beleza paisaxística, todo iso grazas ao patrocinio e mecenado de Ramiro Carregal Rey, ovacionado á súa chegada á gran carpa instalada no porto deportivo de Ribeira.

Ás 15.30 horas procedíase á entrega de premios, coa presenza de autoridades como a tenente de alcalde do Concello de Riveira, María Sampedro; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o xeneral Xefe da BRILAT, Luis Cortez; a presidenta de Cruz Vermella de Ribeira, Ángeles Cores; e os directivos do club anfitrión José Luís Lomba e Francisco Muñiz, comodoro e responsábel do Porto, respectivamente, co seu presidente José Luís Torres-Colomer presidindo o acto.
Na clase Regata gañaba o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa. Seguíalle na segunda praza o Siradella, de Francisco Gude e César Álvarez, do Real Club Náutico Portosín. E pechaba o caixón do podio o Corsario, de Javier Durán, do Club de Iates de Vilagarcía.

En Cruceiro/Regata novo éxito para o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte. Segundo foi o Orión, de Alberto Pérez, do Monte Real Club de Iates de Baiona. E
o bronce leváballo o Meltelmi Impresión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real Club Náutico da Coruña.

Nos Cruceiro levaba a Regata FRINSA o Orlando, de Gerardo Sánchez, do Club Arousa Norte. A segunda praza era para o barco local de José Luís Torres-Colomer, o Arousa VI, do Náutico de Ribeira. E
terceiro o Galopín, de Manuel Franco, tamén de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...