Ferida na Pobra unha conductora nun accidente na autovía

12 Xuño 2022
Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira e Boiro acuando en un accidente con feridos na AG-11 o seu paso polo Concello de Pobra. Foto A.D.C. Bombeiros de Boiro.

Unha condutora resultou ferida nun accidente ocorrido na autovía o seu paso polo concello de A Pobra.

O automóbil saíuse da vía e chocou contra a mediana no quilómetro 31 da arteria comarcal en dirección a Ribeira. Como consecuencia do impacto o automóbil desprazouse varios metros e quedou envorcado. A automobilista non tiña ningún óso roto e inicialmente manifestou aos equipos de emerxencias non sentir dor. Ao parecer, parte do seu corpo quedou sobre a calzada ao saír polo portelo e a parte inferior, dentro do coche.

Ata o lugar acudiron bombeiros de Ribeira e Boiro, así como Protección Civil da Pobra e Garda Civil.

O accidente tivo lugar pasadas as 11.30 horas e foi necesario cortar ao tráfico o carril dereito de circulación, que hora e media despois continuaba inoperativo á espera de que o guindastre retirase o vehículo. A condutora foi trasladada nunha ambulancia do 061 ao hospital para ser examinada.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.