O Concello de Ribeira deu cabida este mediodía a unha reunion da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional en materia de Violencia de Xénero para seguir traballando xuntos na loita contra esta lacra.
A mesa estivo presidida pola tenente de alcalde María Sampedro por delegación do alcalde, e controu con representantes da Subdelegación do Goberno, CIM, Servizos Sociais, UAD, Policías Nacional e Local, Hospital da Barbanza, Atención Primaria e da delegación do Colexio de Avogados no noso partido xudicial.
De carácter semestral tras a súa constitución en decembro pasado, os alí presentes analizaron as actividades desenvoltas e tras realizar unha reflexión colectiva sobre as novas necesidades e retos fixaron
un programa de actuacións para o segundo semestre do ano.




