En Boiro adxudicadas as obras para a execución de beirarrúas dende Cespón a Quinteiro

13 Xuño 2022

O Concello de Boiro vén de adxudicar as obras para a execución de beirarrúas e servizos dende Cespón a Quinteiro pola beira este. Unha actuación moi demandada pola veciñanza da zona e que se vai levar a cabo con cargo ao POS+ 2021 da Deputación da Coruña.
O proxecto para a execución de beirarrúas vaise desenvolver na estrada DP-1106 nun tramo que discorre entre Cespón a Quinteiro e contempla a beira este entre os puntos quilométricos PK 4,700 e PK 6,200. O obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria e dotar á parroquia de redes separativas de pluviais e fecais, rede de calidade de subministro de auga e lumeado público que garante unhas condicións axeitadas de seguridade viaria.
As obras vanse executar nun tramo de 1500 metros lineais nos que se vai instalar unha rede separativa de pluviais e fecais que contará con 30 arquetas, sumidoiros e unha rede de auga potable que permita dispoñer de abastecemento municipal, para o que se van colocar un total de 30 acometidas domiciliarias e 3 hidrates para o servizo de bombeiros.
As actuacións completaranse coa execución dunha beirarrúa de 1,5 metros de ancho ao longo de toda a marxe da estrada e que contará con alumeado público realizado con rede soterrada eléctrica e luminarias tipo LED.
O orzamento total da obra é de 340.392,62 euros e que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único (POS+2021).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.