O domingo entrarán as altas presións en forma de cuña sobre Galicia, pero manterase a vaguada en altura. Polo tanto, os ceos presentaranse parcialmente nubrados con algún chuvasco illado e ocasional, máis activos no interior pola tarde. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, polo que será una madrugada fría, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do noroeste en xeral, frouxos, con intervalos moderados nas Rías Baixas.
A partir do luns regresa o sol ainda que as temperaturas aínda non se recuperarán de todo para a época do ano.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1.5 a 2.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



