Cultura da Deputación apoia 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión de 549.993,17 euros para subvencionar a 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por concellos e entidades locais de toda a provincia durante 2022.

Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, O Festival de Artes Escénicas na Rúa do Concello de Betanzos, Festival Folk Sisalde de Arteixo, Carballo Interplay, Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Mares do Fin do Mundo de Outes, Mostra de Teatro Galego de Cariño, Festival do Queixo de Arzúa, Foliada de Melide e Jazz Noia son algúns dos festivais que recibirán as axudas.

O responsable de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, defende que os festivais son “ferramentas de primeiro nivel na difusión da cultura galega e tamén na achega de novos públicos”. “Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector”, explica Couto.

En 2021 accederan a esta liña de subvencións 23 festivais organizados polos concellos, que recibiran 474.277  €.

A relación de beneficiarios e a contía que recibirá cada un están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 15 de xuño e poden consultarse e descargarse na seguinte ligazón: https://bit.ly/3xTYua4

Relación de festivais beneficiarios e contías concedidas

EntidadeObxetoConcedido
CONCELLO DE NOIA XXIII MOSTRA DE CURTAMETRAXES VILA DE NOIA35.000,00
CONCELLO DE OLEIROS VI FESTIVAL RÚA EXT-CÉNICA5.736,94
CONCELLO DE FISTERRA V FESTIVAL INTERNACIONAL DE BLUES-FISTERRA BLUES EXPERIENCE25.000,00
CONCELLO DE BETANZOS VII EDICION DO FESTIVAL DE ARTES ESCENICAS NA RUA DO CONCELLO DE BETANZOS5.048,19
CONCELLO DE AMES FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL . CINEMA MIÚDO12.000,00
AUDITORIO DE GALICIA FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA CURTOCIRCUITO 202254.950,00
CONCELLO DE BRION V FESTIVAL BRIÓN INCLÚE6.020,00
CONCELLO DE NOIA JAZZ NOIA5.824,26
CONCELLO DE CARBALLO FESTIVAL CARBALLO INTERPLAY 202235.000,00
CONCELLO DE OUTES FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL MARES DO FIN DO MUNDO22.005,06
CONCELLO DE BERGONDO GUÍSAMO FOLK9.657,02
CONCELLO DE RIANXO FESTIVAL NOITES DE JAZZ 202212.735,50
AUDITORIO DE GALICIA FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA CINEUROPA 202263.750,00
PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARON VIIº SINGULAR. FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL9.845,64
CONCELLO DE ORTIGUEIRA FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA 202263.750,00
CONCELLO DE SAN SADURNIÑO VII CHANFAINA LAB7.687,01
CONCELLO DE MELIDE FOLIADA DE MELIDE12.833,55
CONCELLO DE VIMIANZO ASALTO AO CASTELO 202235.000,00
PADROADO DA CULTURA DO CONCELLO DE NARON XXXVIII MOTIX. MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN16.500,00
CONCELLO DE LOUSAME VII FESTIVAL DE MAXIA DE LOUSAME-FESTIMAXIA6.650,00
CONCELLO DE CAMBRE XXX FESTIVAL ROCK IN CAMBRE 202235.000,00
CONCELLO DE CARIÑO MOSTRA DE TEATRO35.000,00
CONCELLO DE ARTEIXO FESTIVAL FOLK SISALDE 202210.000,00
CONCELLO DE ARZUA FESTIVAL DO QUEIXO 202225.000,00
TOTAL: 549.993,17