Cruz Vermella de Boiro e JEALSA poñen o colofón a Ludieduca 2021-2022 cunha obra de teatro contra a violencia de xénero

22 Xuño 2022

A Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro, coa colaboración de JEALSA (a través do programa de responsabilidade social e ambiental We Sea da conserveira local), desenvolveu na mañá deste mércores 22 de xuño a última sesión do ciclo de representacións teatrais que veñen realizando as entidades ao longo da última semana en todos os centros educativos adheridos ao proxecto Ludieduca. A cita deste mércores 22 foi na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro, contando coa presenza do alumnado do CEIP Santa Baia. Os centros educativos adheridos son os de Abanqueiro, Cespón, Escarabote, Sta María do Castro, Praia Xardín, Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestu Sierra (estes dous últimos na Pobra do Caramiñal).

Como colofón do curso 2021-2022, un total de 402 nenos e nenas visualizaron, a obra representada, que ten por título A carteira de Augasclaras da compañía Monicreques Cachirulo. Trátase dunha narración oral con bonecos articulados e xogos de imaxes que pretende concienciar aos nenos e as nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista e recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade.

O proxecto Ludieduca naceu no ano 2012 como experiencia piloto da asemblea de Cruz Vermella en Boiro e, grazas á colaboración de JEALSA, na actualidade a súa actuación realízase en centros educativos de Boiro e a Pobra do Caramiñal. O seu obxectivo é “fomentar a participación na sociedade e a educación en valores dos máis pequenos a través de actividades lúdico-educativas”. Na aula, os nenos e nenas en idades comprendidas entre os 8 e os 9 anos traballan temáticas diversas como a igualdade, a integración de persoas inmigrantes, a alimentación e os hábitos de vida saudábeis ou o medio ambiente, entre outras cuestións. Ademais, desenvólvense actividades de lecer e tempo libre fóra do centro educativo e unha excursión cultural anual.

No marco do seu propósito de contribuír a mellorar a sociedade, JEALSA e Cruz Vermella uníanse no fomento de valores humanos na nenez, traballando para desenvolver e formar cidadáns comprometidos e implicados coa sociedade. “O respecto ao diferente, a confianza, a toma de responsabilidades, a empatía, son materias que non se inclúen en ningunha materia, pero que deben traballarse de forma transversal, tanto nas aulas como fóra delas”, sinalan dende a Cruz Vermella e a conserveira boirense JEALSA.

Outros artigos

Boiro pecha de maneira preventiva a captación de auga de Cubelo

O Concello de Boiro tivo que cortar a captación de auga da zona de Cubelo ante a aparición dunha vaca morta nas inmediacións dun pequeno río que presta subministración á rede do municipio. Ao respecto o concello fixo pública esta tarde unha nota na que que indica que...

+

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...