“Cousas da vida” – José Manuel Pena

01 Xuño 2022

Un pai de familia leva uns meses comendo todos os días bocadillos de salchichas. Non ten traballo, é un parado de longa duración, é relativamente novo e sen prestacións. Coméntame que prefire pasar fame e que os seus fillos, menores de idade, e a súa esposa poidan comer tres veces ao día. O problema xorde cando ten que acudir ao servizo de urxencias médicas e dinlle que está a piques de sufrir un infarto de miocardio, pola mala alimentación.

A outro pai de familia termináronselle os 426 euros da Renda Activa de Reinserción (RAI). Coméntanlle na “oficina de desemprego” que ten que esperar un once meses e estar inscrito como demandante de emprego e logo volver solicitar dita prestación. Pregúntame que pode facer e o único que lle podo aconsellar é que solicite a RISGA, ou o IMV, ao obxecto de que lle poidan garantir os recursos económicos mínimos para a súa subsistencia. O problema é que terá que esperar uns tres ou catro meses, con sorte, antes de que llo resolvan.

A outro señor, “obríganlle” a que realice unha procura activa de emprego. Coméntame que necesita elaborar un currículo para presentalo, en polo menos tres empresas. Non ten estudos primarios, nin sabe ler nin escribir. Actualmente continúa percibindo a RISGA. Neste caso habería que impartirlle formación para facilitarlle un mellor acceso ao mercado laboral.

Estas tres persoas acudiron, o mesmo día, en busca de axuda para alimentos, por problemas hipotecarios e laborais. Viven e residen na comarca do Barbanza, non son do Sáhara nin de Senega, nin de ningunha perdido tribo da selva do Amazonas.



                 

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.