Concello, Cáritas e centros de ensino organizan en Boiro unha andaina solidaria para recadar alimentos

08 Xuño 2022

O Concello de Boiro, Cáritas e os centros de ensino do municipio organizan unha actividade de fin de curso consistente nunha andaina solidaria para recadar alimentos. A concelleira de Educación, María Outeiral, participou este 8 de xuño na presentación. Fíxoo acompañada de Lupe Tubío, coordinadora local de Cáritas, e Francisco Alonso, director do CEIP Abanqueiro, e Lucia Abad, directora do CEIP Santa María do Castro, como representantes dos centros docentes. Segundo confirmaron, a actividade terá a saída o 18 de xuño ás 10.00 horas da Estivada, en Escarabote, e percorrerá o treito do Camiño A Orixe ata a praza de Galicia.

“O obxectivo desta actividade é que as familias do municipio participen nunha xornada de convivencia e coñezan o tramo do camiño que pasa por Boiro cun obxectivo solidario”, afirmou a concelleira de Educación, María Outeiral.

O percorrido é duns 4 quilómetros e, as familias que así do desexen poderán facer unicamente unha parte do percorrido para que “poidan participar os nenos e nenas de calquera idade”. O que se busca, sinalouse na presentación, “é transmitir aos nenos e nenas a importancia de axudar a aquelas persoas con menos recursos e desfrutar do noso entorno cun obxectivo social”.

A coordinadora de Cáritas lembrou que a organización presta neste momento axuda a 25 familias do municipio polo que “calquera achega que as familias realicen é benvida para prestar ás familias a axuda que precisen para atender as demandas e necesidades destas familias”, dixo.

A entidade traballa de xeito coordinado cos Servizos Sociais do Concello e Cruz Vermella para atender as derivacións de familias vulnerábeis.

A preinscrición para participar abrirá o vindeiro luns día 13 de xuño e poderanse facer cubrindo o formulario online dispoñíbel na web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...