Caamaño celebra o San Xoán con música, churrasco e sardiñada na explanada da Casa da Cultura

23 Xuño 2022

Comeza a tempada forte de festas locais na nosa comarca, algunha das cales coincide coa celebración do San Xoán. Unha das máis destacadas citas destes días é a da parroquia de Caamaño, en Porto do Son, que celebra este xoves 23 de xuño, da man da Comisión de Festas, con música, churrasco e a tradicional sardiñada.

As celebracións comezan pola tarde co gran disparo das bombas de palenque anunciando o inicio da troula e continuará ás 21.00 horas, na explanada da Casa da Cultura, cunha gran churrascada-sardiñada acompañada do tradicional pan de boroa e amenizada pola Disco-Móbil CDC. Achegaranse racións de churrasco e sardiñas a prezos populares.

Máis tarde, ás 0.00 horas procederase ao prendido da cacharela e ao inicio da gran verbena musical coa Disco-Móbil CDC. Organiza a Comisión de Festas de Caamaño en colaboración co Concello de Porto de Son e Espectáculos Odisea.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...