Boiro ultima o cartel das festas do verán con tres escenarios musicais distintos

20 Xuño 2022

O Concello de Boiro está a traballar para ultimar os detalles da programación das festas do verán 2022 que se van desenvolver entre os día 1 e 6 de xullo e que este ano contan con programación para distintos públicos en tres escenarios distintos. Os detalles da programación, con datas e horarios, sairán publicados nos vindeiros días.
A programación prevista para este ano inclúe verbenas, espectáculos musicais, grupos tradicionais, xantar popular, alboradas, tributos, festa das peñas, programación infantil e djs. Entre os artistas máis destacados está o concerto de Café Quijano, un Tributo a Alejandro Sanz, tributo a Queen ou
actuación de Treixadura.
Haberá tamén grupos na praza da Terceira Idade, detrás do Centro Social, con actuacións como Amparanoia, Mounqup, Terbutalina ou Grande Amore. Na Praza de Galicia haberá verbena coas orquestras Panorama, París de Noia, Combo Dominicano ou Olympus e tamén djs.
Non faltará na programación os bailes tradicionais de grupos locais, as alboradas, a festa das peñas no parque da Cachada ou os fogos de artificio na praia de Barraña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.