Boiro acolle a quinta edición do Depor Campus

08 Xuño 2022

O Concello de Boiro colabora un ano mais coa Fundación Deportivo e a Escola de Fútbol Municipal de Boiro para levar a cabo unha nova edición do Depor Campus. A presentación da actividade tivo lugar esta mañá e nela participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado; o responsable do campus, Pablo Barros; e o directivo da EFM de Boiro, Julio García.
A actividade terá lugar entre os días 11 e 15 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas nas instalacións municipais de Vista Alegre. O campus está destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos “e que permite ás familias conciliar a vida laboral e familiar nun contexto de vacacións, ademais de que os
nenos e nenas practiquen deporte”, afirmou a concelleira Dores Torrado.
“Boiro tiene un nivel deportivo muy alto y para nosotros es un orgullo que un club como el Deportivo cuente con nosotros para llevar a cabo esta actividad cada año”, afirmaron dende a EFM. O campus está dirixido por adestradores e persoal técnico do club polo que é unha moi boa oportunidade para os rapaces e rapazas.
Ademais dos adestramentos vanse realizar outras actividades coas que se busca transmitir valores como so respecto, o xogo limpo, a amizade, a integración ou o esforzo. “Con este campus buscase non so levar o deportivismo por todo Galicia senon dar a oportunidade aos rapaces e rapazas de traballar en conxunto cos técnicos do club”, afirmou Pablo Barros.
As inscricións están xa abertas e poden realizarse ata o vindeiro 7 de xullo na web deporcampus.rcdeportivo.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.