“Baixar da burra ou caer do cabalo”. Antón Luaces

10 Xuño 2022

Por fin!. Sáeme da alma dicir que me emociona ata que case me saltan as bágoas o feito de que un membro do Goberno de España recoñeza que a actividade pesqueira ten unha “importancia fundamental na estruturación territorial do noso país”.

Nunca tal cousa oira. Nunca tal se vira: considerar que a pesca é fundamental non só na economía senon, amáis, na conxunción territorial de España (porque, que eu saiba, cando un ministro fala do “noso país” é que está a falar de España como nación , esta que fora no franquismo unha “unidade de destino no universal” (pura filosofía falanxista).

Non é, verdadeiramente, unha “gracieta”. Trátase dunha frase redonda, plena, do señor ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, quen, en Huelva, valorou a actividade do sector agroalimentario sublimando que a actividade pesqueira está a xerar a economía e o emprego, tanto directo como en actividades conexas que permiten asentar a poboación nos territorios costeiros.

Non lle soa isto ao lector? Cantas veces teremos “falado” aquí de como inflúe a pesca -sobre todo a artesanal- na fixación de poboación costeira?. Pero é bo que esa mesma conciencia se espalle España adiante sen que sexa un medio de comunicación o que se responsabilice da cuestión.

Abofé que o ministro Planas debeu caer da burra (con perdón) ou do cabalo (como aconteceu a San Pablo cando ia cara a Roma, porque o devandito ministro insistiu na importancia dunha boa ordenación pesqueira de cara ao futuro (ese futuro que San Pablo tamén procuraba) que permite unha actividade rendible compatible coa sustentabilidade dos recursos. Os avances xa se veñen producindo, afirmou Planas, neste ámbito e permite que a frota española dispoña este ano dun incremento do 10% na cota de sardiña ibérica. Unha pesqueira esencial no Golfo de Cádiz, que ten o 39% do total da asignación a España, o que “ven ser o resultado  dun bo traballo”, na opinión do ministro: “Estamos acadando un equilibrio moi interesante entre a estración pesqueira e a sustentabilidade dos recursos”.

Váiche boa.

Saberemos máis de todo este asunto cando, o vindeiro martes, teñamos datos dos acordos adoptados no Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE que comezará o luns, 13 de xuño. Un Consello que, seguramente, traerá boas novas -na versión do Goberno español- para o sector pesqueiro deste país.

Oxalá. Non se pide máis

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...