Ángeles Vázquez anuncia en Noia que este venres xa se poden pedir as axudas de 250 euros do Bono Alugueiro Mocidade

27 Xuño 2022

A Xunta de Galicia abrirá a partir deste venres, 1 de xullo, o prazo para poder solicitar as axudas de 250 euros ao mes do Bono de Alugueiro Mocidade, un programa que se convoca este ano por primeira vez e está dirixido a facilitar ao colectivo de entre 18 e 35 anos o pago da renda da súa vivenda habitual.

Así o explicou este luns 27 de xuño en Noia a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dun dos encontros informativos #ConstruíndoFogar organizados polo seu departamento e cos que percorre diferentes comarcas galegas para dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios o conxunto de subvencións en materia de vivenda que se convocarán ao longo de 2022.

Acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e ao redor dun cento de representantes municipais, empresarios, profesionais de distintas ramas do sector e veciños de 11 concellos da zona de Barbanza, Muros e Noia, Ángeles Vázquez subliñou “a grande oportunidade que suporá para Galicia” a trintena de programas que xestionará o seu departamento este ano, poñendo á disposición de particulares, entidades locais e promotores máis de 150 millóns de euros para actuar no eido residencial.

Ao respecto, referiuse á inminente convocatoria do novo Bono Alugueiro Mocidade, que sairá publicado no DOG este xoves 30 e se poderá solicitar a partir do día seguinte. Cun orzamento total de 22,8 millóns de euros a dividir entre este ano e 2023, a conselleira explicou que os inquilinos menores de 36 anos, con ingresos regulares e que non superen os 24.318,84 euros poderán acceder a unha axuda mensual de 250 euros —sempre que esta contía non supere o importe do arrendamento— durante un período de 2 anos. A previsión é beneficiar a arredor de 3.800 mozas e mozos da nosa terra.

Vázquez aproveitou a súa intervención para animar aos asistentes a aproveitar o orzamento dispoñíbel e apoiar tamén á Xunta na súa difusión, co fin de garantir que cheguen ao maior número posíbel de beneficiarios e incidindo, sobre todo, “naqueles programas de especial interese para esta comarca”, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...