Abre o prazo para achegarmos suxestións á aplicación móbil da Xunta

20 Xuño 2022

O Goberno galego informou da apertura da consulta cidadá para dar forma á aplicación A Xunta no móbil, que é a ferramenta móbil que permitirá o acceso aos servizos da administración dende dispositivos. Baixo o epígrafe Eu participo, a sede electrónica da Xunta de Galicia abriu este luns 20 a dita recepción de suxestións da cidadanía. As persoas que participen nesta consulta poderán valorar a importancia dunha serie de servizos para a súa inclusión na aplicación, e poderán tamén suxerir outras funcionalidades para a nova ferramenta.

Xunta EU será a aplicación móbil de referencia e ofrecerá os ervizos da administración dixital “dun xeito doado, inmediato, personalizado e adaptado ás características dos dispositivos móbiles”, en palabras da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), encargada da creación desta app, que destaca que para o seu desenvolvemento “primarase a accesibilidade e a usabilidade”.

Entre os servizos que está previsto que estean incluídos na aplicación atópanse o acceso as tarxetas acreditativas, como o carné para xente nova ou a de familia numerosa, así como a obtención dos diferentes certificados oficiais.

A cidadanía poderá tamén xestionar desde teléfonos ou tabletas as citas coas oficinas de atención a cidadanía e rexistro, e recibirá todo tipo de avisos como o que advirte da proximidade da caducidade da Chave 365.

A nova aplicación incluirá, entre outros aspectos, a xestión dos datos persoais da Carpeta Cidadá, a consulta de expedientes, a consulta das entradas realizadas no rexistro, a consulta de apoderamentos ou a consulta de prestacións dos Servizos Sociais. A aplicación permitirá tamén firmar de xeito electrónico documentos administrativos dende os dispositivos móbiles.

A través do teléfono, as persoas usuarias poderán tamén subscribirse a informacións da Xunta en función dos seus interese, así como trasladar todo tipo de queixas e suxestións.

A Xunta no móbil é un dos obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 e estará incluído no III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025 que será aprobado proximamente polo Consello de Goberno.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...