A Xunta Local de Seguridade da Pobra acorda impulsar a Mesa de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero

02 Xuño 2022

A Pobra do Caramiñal recibiu este 2 de xuño a visita da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, que co-presidiu a Xunta Local de Seguridade, na que se trataron cuestións como os dispositivos de protección cidadá previstos para os festexos da tempada estival e o seguimento dos casos de violencia de xénero, entre outros asuntos. Acompañou a Rivas o alcalde Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra). A visita veu precedida dunha visita ás instalacións da Garda Civil e da Policía local.

A estadía de Rivas na Pobra enmárcase na colaboración entre o Concello e a Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, que se traduce en medidas que supoñen un paso adiante na loita contra este tipo de agresións.

Segundo confirmaron Rivas e Piñeiro en datas próximas constituirase a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero (despois da fase formativa acometida con membros da Corporación municipal, persoal técnico da Administración local, Policía local, Garda Civil e representantes do eido educativo e do tecido asociativo).

Tamén fixeron saber que proseguen os trámites para incorporar o corpo policial pobrense ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero VioGén.

Balance

Ao respecto dos feitos delitivos, constatouse que as cifras amosan unha tendencia descendente en comparación con 2021: as infraccións penais diminúen nun 23%, graves nun 18% e leves nun 27%. Con relación ás estafas telemáticas, esta tipoloxía de delincuencia está á alza globalmente.

No encontro tamén se informou das medidas por establecer para as festas que teñen lugar durante o verán co obxectivo de afianzar a seguridade no transcurso deste tipo de eventos.

A xuntanza tamén contou coa presenza do concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra); a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e responsábeis da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía local, entre outras persoas.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.