A segunda das homenaxes a Carlos García López-Picos en Rianxo celébrase o 17 de xuño

10 Xuño 2022

Finalmente xa temos data en Rianxo para o segundo dos dous concertos de tributo ao compositor galego Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), do que se está a celebrar o centenario do seu nacemento. As dúas actuacións foron programadas para os días 20 e 21 de maio no Auditorio Municipal de Rianxo. Se ben a segunda tivo que ser adiada por causas alleas ao Concello até unha data indefinida, o Concello confirmou que se vai celebrar o 17 de xuño ás 19.30 horas. Trátase dunha actuación para voz e piano coa soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo, que tiñan previsto ofrecer a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterberger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso.

O compositor

Compositor e director de coros galego-arxentino, Carlos López García-Picos, desenvolveu gran parte da súa actividade en Bos Aires, onde contactou coa intelectualidade galeguista. Na súa formación destaca unha estancia de varios anos en Francia, onde estudou na Schola Cantorum e no Conservatorio Nacional de París. Foi o principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores e mantivo na capital arxentina un compromiso constante coa comunidade galega, reflectida en moitos aspectos da súa obra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.