A Pobra prepárase para o cuadrangular comarcal de pádel

08 Xuño 2022

Os seareiros do pádel teñen unha cita obrigada os días 9 e 10 de xullo na Pobra. Estamos a falar do cuadrangular comarcal no cal catro equipos que representan os concellos de Barbanza Arousa buscarán alzarse coa vitoria nunha competición que se disputará nas instalacións de Máisquepadel. Esta entidade, organizadora do evento en colaboración coa Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, deu a coñecer este mércores 8 de xuño os detalles da cita. Participaron a edil dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Ana Romero; e Andrés Domínguez, en representación do organismo impulsor.

Cada equipo constará de dez persoas xogadoras seleccionadas polo capitán representante de cada municipio: A Pobra (Manel Vilasó Santamaría), Ribeira (Sergio Pérez Pérez), Boiro (Guillermo Romero) e Rianxo (Francisco Lorenzo Lorenzo). O formato que se vai seguir será o de xogos rápidos e cada enfrontamento entre concellos resolverase en cinco partidos.

A xornada do sábado 9 arrancará co primeiro partido a partir das 10.00 horas, mentres que o segundo será dende as 17.00 horas. A final disputarase no domingo 10, das 10.00 horas en diante, do cal sairá o gañador, a quen se lle entregarán dez trofeos, un por xogador/a do equipo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.