A novela Cornucopia do ribeirense Raúl M. Santos, Premio Torrente Ballester de Narrativa, preséntase este 4 de xullo en Santiago

27 Xuño 2022

A novela Cornucopia, obra coa que o escritor ribeirense Raúl M. Santos alzouse co Premio Torrente Ballester de Narrativa 2021, presentarase oficialmente o vindeiro luns, 4 de xullo, en Compostela. A cita será na Libraría Cronopios, ás 19h, e acompañando ao autor estarán a xornalista e comisaria dos premios literarios da Deputación da Coruña, Susana Pedreira, o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Cornucopia, editada pola Editorial Galaxia, está chegando estes días ás librarías de todo o país e supón ademais a estrea do autor Raúl M. Santos (Ribeira, 1976) no panorama literario galego.

A Deputación lembra que esta obra fora elixida por unanimidade como gañadora do Premio Torrente Ballester en decembro de 2021 por un xurado composto polo xornalista e escritor Premio Nacional de Narrativa (2021) Xesús Fraga, pola escritora María Marco, pola xornalista e escritora Nazareth López, pola xornalista cultural Montse Dopico, e polo escritor e gañador deste premio na edicición 2020, Ricardo Losada.

No seu informe o xurado indicara que a obra “é unha parodia moi ben construída, e cargada de ironía, sobre o papel do escritor e a literatura”. No mesmo informe tamén salientaba que “se apoia sobre nunha estructura fragmentaria na liña da literatura posmoderna, pero sen perder nunca o fío nin o ritmo; cunha narrativa moi fluída e con vocación de establecer unha complicidade coa persoa lectora, pero sin por iso ser compracente”.

O Premio Torrente Ballester de narrativa é un dos máis veteranos dos que convoca a institución provincial – en 2021 acadaba a edición XXXIII- e tamén un dos máis prestixiados que, desde o ano 2016, se convoca en dúas modalidades, en lingua castelá e en lingua galega. Na edición de 2021 a gañadora e o gañador de ambas modalidades, María Cureses e Raúl M. Santos, son unha autora e un autor que comparten a singularidade de estar comezando a abrirse camiño no mundo literario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.