A Illa de Sálvora inspira o próximo espectáculo da Orquestra Sons

28 Xuño 2022

A illa de Sálvora é a inspiradora do concerto que a Orquestra Sons vai ofrecer o vindeiro
sábado 9 de xullo na praza do Concello de Ribeira: un espectáculo que foi presentado esta mañá pola concelleira de Cultura María Sampedro e por dous integrantes do grupo: o seu director Álex Millet
e tamén Alba Millet.
A obra levo por título “Memorias dunha illa” e é unha creación instrumental de aproximadamente vinte minutos composta polo propio Álex Millet, quen explicou que detrás hai un traballo de seis meses.
As lendas en torno á Sálvora, anacos da súa historia como o afundimento do vapor Santa Isabel ou enclaves como o faro ou a aldea da illa son algúns dos temas que transpira a peza.
Ademais, o concerto incluirá outro repertorio: dende temas clásicos da música galega de Los Tamara ou Andrés do Barrio, ata outra creación do propio Álex Millet que leva por título “O que o tempo non
puido borrar” e está inspirado na cultura celta.
O concerto dará comezo ás 22 horas. Ademais dos intérpretes habituais da Orquestra Sons contará con outros músicos convidados ata sumar un total de 23 participantes.
Tanto María Sampedro como Álex e Alba Millet animaron á veciñanza a desfrutar do concerto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.