A Casa da Cultura do Son acolle este sábado o espectáculo teatral “De algo hai que morrer”

16 Xuño 2022

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller o vindeiro 18 de xuño, ás 20.00 horas, a representación do espectáculo De algo hai que morrer, de Malasombra Producións. A cita cultural, abeirada á programación da área de Cultura da Deputación da Coruña, é unha conferencia fúnebre-cómico-teatral na que dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckyll e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta á totalidade da poboación do planeta, sen distinción de raza, sexo ou condición: a morte. Ao longo da súa conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co devandito asunto principal.

Ficha técnica

Autor: Jose Prieto

Director: Marcos Orsi

Actores: Jouse García e Xoque Carbajal

Vestiario: La Canalla

Escenografía: Malasombra

Iluminación: Xoque Carbajal

Produción: Patricia Rodríguez

Deseño gráfico: Miguel Carbajal Touceda

Vídeo: Pepe Castro

Montaxe de son: Chema Gómez Otero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.