A artista plástica e ceramista Mar Ramón formará parte do elenco do certame Mar Diverso (Ambar)

14 Xuño 2022

A iniciativa Mar Diverso da Asociación Ambar, festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro, contará na súa vindeiro edición coa participación activa de Mar Ramón Soriano, artista plástica e ceramista de Ourense. Mar formará parte do sobranceiro elenco de artistas que dirixirá as rendas do certame. O festival celebrarase do 22 ó 31 de xullo na contorna da ría e Arousa: Cambados, Illa de Arousa, Boiro, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

Nestes momentos está traballando co grupo de artesás e artesáns de Ambar formado por Manuel A. Brión, Manuel Vilas, José M. Matías, Victoria Piñeiro, Raquel Hernández, Rubén Gómez, Suso Santamaría e Ramón Hector, que impulsan no seu día a día a área de produtos solidarios de Ambar.

A peza plástica fala “do patrimonio costeiro empregando unha disciplina que ten moita tradición en Galiza como é a cerámica. As cores azuis, sobre todo o azul cobalto forman parte do universo da cerámica de Sargadelos”, como indicou Mar Ramón.

Mar Ramón (Ourense, 1993) é unha artista plástica que se enmarca no ámbito da escultura cerámica, comeza a súa traxectoria mentres estuda o grao de Belas Artes. Tralo grao realizou un máster e doutorado en creación e investigación. No mesmo tempo produce obra plástica que se expón de forma individual e colectiva en diversos espazos de Galicia como o Marco, o CGAC, o Auditorio de Galicia ou o MACUF.

O vínculo coa galería Nordés permítelle expor na edición de Arco de 2021. Grazas a diferentes residencias artísticas traballa en lugares como Arraiolos (Portugal), Altea ou Córdoba. No 2022 consegue o título de doutora grazas a unha investigación sobre o xénero como variable procesual nas obras de arte que teñen os obxectos coma protagonistas.

A peza plástica que se está elaborando quere “representar a forza da comunidade creada a partir de pequenas pezas. Cada persoa traballa en pequenas expresións da súa identidade plástica, nótase como os participantes teñen unha personalidade moi marcada á hora de traballar, pero o obxectivo e a esencia está no conxunto unitario”, sinala a propia artista.

Sobre Mar Diverso

Segundo informa Ambar, Mar Diverso mestura artes plásticas, escénicas e artesanía e ten como obxectivo “poñer en valor o patrimonio e a cultura tradicional mariñeira de maneira inclusiva a través da creación artística de persoas con diversidade funcional e profesionais do eido artístico”.

Ambar leva 40 anos traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional, promovendo a súa autonomía, independencia e igualdade de oportunidades. A área de Artes naceu co obxectivo de apoderar as persoas con diversidade funcional a través da expresión artística, realizando accións na comunidade cunha temática de interese social.

Mar Diverso enmárcase nesta filosofía da entidade. É un festival de artes escénicas e plásticas inclusivo que pon en valor o patrimonio mariñeiro a través de accións artísticas de persoas con diversidade funcional dentro da contorna costeira da ría de Arousa, “vinculando así creación, inclusión e territorio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.