Xa podemos facer as preinscricións no Campamento Movida Urbana 2022 de Porto do Son

Volve este ano o Campamento Movida Urbana de Porto do Son, unha relevante opción de lecer e conciliación familiar ao servizo das familias que xa ten aberto prazo de preinscricións (no rexistro de entrada ou na sede electrónica), segundo fixo saber o Concello.

A edición 2022 de Movida Urbana desenvolverase en Porto do Son, Portosín e Xuño entre os días 11 de xullo e 18 de agosto. O horario das actividades será de 10.00 a 14.00, de luns a xoves, e a taxa de 40 euros. Poderán participar nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Achegarase un total de 300 prazas, a repartir entre as tres sedes do Campamento. Non serán válidas as solicitudes a través de correo electrónico. Máis información na conta deportesdoson@gmail.com e no teléfono 981 767 758.