Un vehículo bate contra dous cabalos que interceptaron a vía en Padrón

07 Maio 2022
remitida

Durante a madrugada, un turismo chocou contra dous cabalos que interceptaron na vía, o que provocou a morte dos animais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos preto das cinco e media horas a través da chamada dun particular que circulaba polo tramo entre a AG-11 e a AP-9, sentido Santiago. No seu relato, indicaba que atropelara un cabalo cando circulaba á altura de Padrón. Ademais, o condutor do turismo sinalaba que se atopaba en bo estado de saúde, pero que descoñecía o paradoiro dos animais.

Finalmente, os equipos de intervención que acudiron ao punto informaron aos xestores do 112 que atoparon a dous cabalos tendidos na calzada.

Minutos antes, a central de emerxencias galega recibiu o aviso doutro particular que informaba da presenza dun grupo de equinos na mesma zona. De feito, case preto das seis, outro alertante, esta vez un motorista, chamou ao 112 para solicitar axuda despois de caer do seu vehículo ao tratar de desviar dun cabalo cando circulaba pola N-550A, ao seu paso pola parroquia padronesa de Iria Flavia.

Así, para realizar a limpeza da vía e restablecer as condicións de seguridade, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pasouse aviso aos membros do GES de Padrón, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas. Tamén, por precaución, solicitouse a intervención dos profesionais de urxencias sanitarias.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...