Un ferido en Ribeira e un incendio dun coche en Lousame

13 Maio 2022

A tarde deste venres, ás 17:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente en Ribeira e no que unha persoa resultou ferida.

Neste caso tratouse dun turismo que cando circulaba pola Avenida da Constitución, á altura das Abesadas, saíuse da vía e bateu contra o muro dunha vivenda. O seu único ocupante foi trasladado polo equipo sanitario ao Hospital da Barbanza.

Canal Barbanza

Os xestores do 112 nada mais recibiron a chamada de alerta dunha persoa particular, informaron decontado aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Ribeira, aos membros do GAEM de Ribeira, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Por outra banda unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviron esta tarde xunto o Ges de Noia nun incendio de vehículo no Concello de Lousame.

A.D.C.Bombeiros Boiro

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...