Un equipo de Ribeira entre os gañadores do desafío de Galiciencia2022

12 Maio 2022

Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata mañá venres no Parque Tencolóxico de Galicia, baixo o lema da Economía Circular. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP. Na xornada deste xoves celebrouse a final do Desafío científico Atrévete coa Economía Circular!, no que participou alumnado de 4º de Primaria e Bacharelato de xeito online. Houbo recoñecemento para novos investigadores de Ribeira.

O gañador da categoría de Primaria foi o equipo As Ecolóxicas, integrado por 3 rapazas pontevedresas que apostaron pola reciclaxe de xoguetes; na categoría de 1º e 3º de Secundaria gañou o equipo El Bicho Científico, formado por dous rapaces de Baiona que optaron por un proxecto baseado na deforestación e a reciclaxe de papel. Xa na categoría de 4º de Secundaria a Bacharelato, gañou o equipo A Trapados, formado por 3 rapaces de Ribeira que, a través dun vídeo, fixeron unha comparativa entre empregar botellas de plástico e botellas reutilizábeis, co fin de fomentar o uso destas últimas.

O alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP está a participar en tres obradoiros diferentes. Da liña ao círculo presenta xogos interactivos e educativos baseados na economía circular; no taller Dálle a volta ao usar e tirar, o alumnado converte refugallos domésticos nun líquido valioso, e na actividade O Lixo Vertical estanse a desenvolver experiencias para mentalizar aos rapaces sobre a excesiva produción de lixo. A maiores, alumnado de Secundaria e Bacharelato tamén participan no taller A aventura de voar, que se desenvolve na Aula Newton Galicia instalada en Tecnópole.

A feira remata mañá venres coa entrega de premios aos tres mellores proxectos presentados nesta edición. Haberá tamén un premio especial para o proxecto coa mellor valoración popular, escollido entre todos os participantes na modalidade online.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.