“Tía Manuela: Sen pelo na lingua”. Luís Celeiro

30 Maio 2022


Un ministro do goberno de España, Alberto Garzón, di que o rei emérito, Juan Carlos I é un ladrón. Así falou diante dos xornalistas un dos altos representastes do Goberno do Estado, engadindo que “estamos falando dun delincuente acreditado, acreditado por el mesmo”. Fronte a estes dicires, a opinión pública divídese, cando menos, en tres bandos: os que comparten o expresado polo señor ministro, os que están en total desacordo con el e un terceiro grupo, ao que pertencen aqueles aos que parece que “nin lles vai nin lles vén”.
A cidadanía está do outro lado, anda coas contas, coa libreta no peto e co lapis punteando os prezos dos comestibles. Andan restando, mentres a compañeira de Garzón e o mesmo rei, cada un á súa maneira, andan sumando. É moi importante sumar, tan importante como avanzar ou chegar. E despois, despois que se fai?
Calquera, despois de aprender a sumar e de saber restar, ten que poñerse coa multiplicación, aprender a táboa e entender que calquera multiplicación por cero ten como resultado cero.
O cero non é negativo, é sinxelamente iso, iso que está entre o un e o menos un. Na linguaxe política é igual a nada; na economía familiar de hoxe é un privilexio, aqueles que teñen a conta en cero non deben nada. Precisamente, para saír da nada hai que sumar e, se son números, convén antes de comezar borrar os negativos.
Yolanda Díaz quere sumar. Cando sexa o caso, quere que se enchan as furnas con votos seus, para si e para os seus, aínda que ela tampouco saiba cal é a suma que máis lle beneficia. Os que a acolleron en Pontevedra nas eleccións pasadas, serán dos seus, igual que todos os de Pontevedra que acolleron ao rei en Sanxenxo son do rei.
Andan os dous sumando, están coa rede, no mesmo caladoiro, esperando, escoitando e coas cabezas pensando. Están botando contas coa calculadora, co lapis, de memoria e cos dedos. E as contas non saen, cada un deles apalpa a soidade coas mans, o que foi rei ten moito que restar e a que foi de Esquerda Unida ten pouco para onde mirar.
Os amigos de cada un deles, coa axuda do Goberno ou de parte do Goberno, procurarán abrir camiño, desbrozar, rozar e limpar o paso, para que poidan chegar a onde queren ir. A Yolanda non se sabe quen, pero ao rei moito lle axuda ese mozo ministro que se explica sen pelos na lingua.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.