“Tía Manuela: Amizade durareira”. Luís Celeiro

01 Maio 2022

Atopáronse, no cruce das entradas daquel pobo pequeniño, tres amigos de vello, de cando eran estudantes nunha universidade lonxana, grande e, aínda na actualidade, prestixiosa.
Miráronse, coñecéronse, abrazáronse e non pararon de falar ata a noite. Os tres sabían e presumían de que a amizade era, como dicía Aristóteles, unha alma que habita en varios corpos ou como o corazón que rega con sangue limpa e dá vida a varias almas.
Supera á política e aos vellos prexuízos, ás crenzas e ás distancias. A amizade é a máis grande das honras que se lle pode render e tributar a calquera que sexa amigo, é capaz de borrar o tempo ou detelo, como fixo con aqueles tres paisanos que se pararon na beirarrúa, onde poida que aínda segan falando. A amizade está aí, sempre disposta para entenderse, para dialogar e agrandar os espazos de liberdade, os de todos e os de cadaquén.
Pola dereita, pola esquerda ou polo medio do camiño, van os amigos falando, conversando e escoitando, con confianza, con afecto, con serenidade total e coas súas diferencias enriquecendo o tránsito e o diálogo. No camiño, en calquera camiño e, de modo especial no Camiño de Santiago, os camiñantes e/ou peregrinos son iguais, tan pobres e tan ricos uns como os outros. Tan amigos, con esa amizade que arranca do contacto, das mesmas madrugadas, das mesmas paisaxes e das mesmas noites de soños diferentes.
Por certo, o Camiño de Santiago é como unha trela ou soga que traba amizades e fai amigos entre os milleiros de persoas que andan cara a Santiago, e que volven ás súas casas coa disposición de esixir un mundo con máis solidariedade e con máis respecto á igualdade e á diversidade.
Cada un dos amigos de verdade é un tesouro e cómpre coidalo para que ese patrimonio non esmoreza nunca e para que nunca poida compararse con eses amigos de facebook, cos seguidores de Twitter ou cos “me gusta” de Instagram, con eses que, a pesar de seren milleiros, quedas na soidade total, con saudade e señardade, sen ter a quen mirar, sen poder falar, sen escoitar e sen o alivio da tenrura daquela man engraxada en dozura.
Os tres amigos que se atoparon despois de tantos anos, sen cansarse de falar, seguiron cada un o seu camiño, a paso largo e cara a mesma meta, coa satisfacción de que a súa amizade era duradeira e sen hipocrisía, como debe ser unha amizade real, nas boas e nas malas.

Outros artigos

“Inseguridade social” – José Manuel Pena

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os...

+

“O medo fala. Consecuencias” – Manuel Domínguez

O 26 de febreiro publicaba neste mesmo medio, sobre a ameaza de Donald Trump e as súas consecuencias, podería parecer unha opinión, pero non, non, está baseada en feitos. En ano 2004 cando os países bálticos liberáronse das garras comunistas das URSS e pasou a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

“Sociedad anestesiada”. José Antonio Constenla

Bienaventurado el que tiene una oportunidad y la aprovecha, es lo que debiópensar Juan Carlos Unzué, ex guardameta de Osasuna, Barça, Tenerife ySevilla, cuando en una jornada organizada en el Congreso de los Diputadossobre la ELA (enfermedad que le diagnosticaron en...

“Guardemos las lágrimas” – Manuel Domínguez

“Guardemos las lágrimas” – Manuel Domínguez

Guardemos las lagrima para tiempos que se avecinan, tiempos malos, malos tiempos trágicos. Si Donal Trump se libra, y se libra de los casos de juicio que tiene pendientes, saldrá elegido presidente, lo que quiere decir. En octubre de 2019, la Administración Trump...