Ribeira ten 17 zonas de baño do seu litoral con augas de excelente calidade

23 Maio 2022

O Concello de Ribeira recibiu esta mañá unha comunicación da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade na que se dá traslado dos resultados das análises efectuadas por esta entidade en 17 zonas de baño situadas no litoral do noso termo municipal, dende Baieiros en Corrubedo ata A Corna en Palmeira, arroxando todas elas unha clasificación de ‘excelente’: a máxima posible.
En concreto, os puntos de mostraxe tiveron lugar na Ameixida, A Corna, A Muralla, Area Secada, Balieiros, Baluarte, Castiñeiras,Catía-Castro, Coroso, A Ladeira, Os Mosqueiros, O Porto, O Prado, O Touro, O Vilar (centro), O Vilar (esquerda) e Río Azor.
A comunicación da Consellería de Sanitada garda relación coa obriga que teñen as administracións públicas de informar e difundir durante período estival acerca das clasificacións sanitarias das distintas
augas de baño, e posibles prohibicións ou recomendacións de absterse, casos estos últimos que un ano máis non se dan no noso municipio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...