Ribeira recibiu en Madrid a Bandeira Sendeiro Azul polo camiño que une Coroso e Río Azor

Ribeira recibiu este xoves 26 de maio un importante recoñecemento aos seus tesouros medio ambientais, paisaxísticos e de lecer. Estamos a falar da Bandeira Sendeiro Azul, que vai ondear no camiño litoral comprendido entre as praias de Río Azor e Coroso. Foi recollida pola primeira tenente de alcalde María Sampedro Fernández, nun acto institucional celebrado no Xardín Botánico de Madrid.

Trátase dun distintivo promovido pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) para “premiar a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo o territorio estatal”. O itinerario ribeirense foi un dos 8 sendeiros azuis que se incorporan este ano á Rede, que suma así un total de 86, cunha lonxitude de 474 quilómetros distribuídos en 19 provincias.

A orixe

O Concello de Ribeira impulsou a creación dunha senda peonil que recuperaba a zona de servidume entre os dous areais e permitía aos usuarios desfrutar dun entorno privilexiado no que se erixen puntos como as illas de Rúa e dos Ratos na ría de Arousa e que posúe elementos de valor patrimonial como unha antiga fábrica de salgadura no remate de Coroso.

Galicia, na cabeza

Ao evento celebrado no Xardín Botánico de Madrid tamén acudiu, xunto con representantes doutros municipios galegos, a directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta, Belén do Campo, quen subliñou que case a metade dos 474 quilómetros que ocupan os novos itinerarios azuis declarados no conxunto do territorio estatal, están en Galicia. Son os que citamos a continuación.

A Coruña

-A Laracha

Sendeiro de Saldoiro

1,5 km

-Arteixo

Senda azul

6,4 km

-Camariñas

Ruta litoral de Camariñas

26 km

-Carballo

Senda do Mar Razo-Baldaio

10 km

-Oleiros

Costa Libre

7,86 km

-Ribeira

Sendeiro litoral de Coroso-Río Azor

3,7 km

Lugo

-Burela

Ruta do litoral burelés

6,55 km

-Cervo

Sendeiro azul O Torno

2,36 km

-Foz

Paseo ruta das praias de Foz

14 km

-Ribadeo

Ruta do Faro da Illa Pancha ás Aceas

5,6 km

Pontevedra

-A Guarda

Senda litoral A Guarda

5,6 km

-A Illa de Arousa

Senda perimetral Bao-Xastelas

0,86 km

-Bueu

Sendeiro de Cabo Udra

4 km

-Cangas

Roteiro de Donón

11 km

-Marín

Ruta das praias

8 km

Ruta dos cinco miradoiros

10 km

Ruta montes e praias

25 km

-Poio

Sendeiro litoral de Poio

4,9 km

-Ponte Caldelas

Sendeiro azul do río Verdugo

8,1 km

-Sanxenxo

Ruta dos carballos de Aldariz

6,3 km

Sendeiro litoral Areas-Punta Festiñazo

1,48 km

Sendeiro litoral Canelas-Punta Cabicastro

3,35 km

Sendeiro litoral Montalvo-Major

6,45 km

Sendeiro litoral Paxariñas-Montalvo

1,33 km

Sendeiro litoral Sanxenxo-Portonovo

8,61 km

Sendeiro máxico da Lanzada

3,03 km

-Vigo

Senda entre faros, Illas Cíes-Vigo

12 km

Senda de ribeira e litoral: Camiño á beiramar

11,02 km

Senda litoral e do monte da Guía, Teis

5,77 km