Rianxo acolle entre xuño e setembro un obradoiro para adultos de iniciación ao teatro

Rianxo vai acoller os vindeiros días un obradoiro para adultos de iniciación ao teatro impartido por Amantia Coello, responsábel actual da histórica agrupación local Airiños, a compañía de teatro máis antiga de Galicia con sede en Asados. Desenvolverase os luns de 19.00 a 21.00 horas nos meses de xuño a setembro.

O lugar elixido para o desenvolvemento da actividade será o Centro Social Liceo de Rianxo.A matrícula ten un custe de 40 € que abrangue todos os meses de duración do obradoiro.

Máis información e inscricións no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 981 100 688.