“Que é a morte?” – Manuel Domínguez

Son as 04,00 am e un pensamento espértame, e non me deixa durmir.

Que é a vida?

A vida é o espazo, o tempo que transcorre desde o nacemento até a morte.

Que é a morte?

A morte é cando deixas de sentir, xa non gozas dun bo manxar en boa compañía, xa non amas, non só á familia e amigos, non amas a ninguén, perdiches a capacidade de amar, a morte é cando xa nin a fresca auga no verán calma a túa sede.

Na morte xa perdiches a capacidade de sufrir, polas inxustizas, quedas orfo de sentimentos.

A morte xa non permíteche gozar dun bo cinema ou unha obra de teatro, na morte xa non podes ler poesía ou boas obras literarias.

Na morte non podes gozar dun fermoso Orto, pletórico de cores, a morte é como esa vella cadeira baleira, esquecida nesa esquina, na cal xa ninguén senta.

Ah! Non o sabía, que ben te expresas.

Non me expreso ben, é o que ven os meus ollos.

E direiche algo máis, hai mortos aos que non lles celebraron os funerais.

Repítoche, baixiño e claro, hai mortos aos que non lle celebraron os funerais.