Proseguen esta fin de semana na Pobra as actividades do Maio das Letras

11 Maio 2022

Enmarcadas na programación do Maio das Letras posta en marcha por parte da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), nesta fin de semana e comezos da vindeira celebraranse varias actividades estritamente vencelladas ás Letras Galegas que homenaxean Florencio Delgado Gurriarán neste 2022.

No día 14 emprenderase a xincana infantil Na busca das letras, para a cal recollerase o material no Cantón da Leña, das 17.30 horas en diante. Percorreranse distintas rúas e prazas da vila buscando información sobre persoeiros das letras galegas que levarán a descubrir o código que abre o cofre máxico e contén agasallos para tódalas persoas participantes.

A Asociación de Amas de Casa ofrecerá no día 15 o festival de baile e música tradicional Agrupación Caramiñas e as Letras. Será ás 19.30 horas, no teatro cine Elma.

E o Cantón da Leña acollerá no día 16, ás 18.00 horas, a Primavera das Letras da Real Academia Galega, que consistirá no obradoiro Coloreando con Florencio e no contacontos Son o poeta que cruzou o océano, con texto de Ledicia Costa e ilustración de Blanca Millán.

A entrada para todas elas é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...