“Os parvos de Iberdrola”. José Castro López

11 Maio 2022


Dixo o presidente de Iberdrola que o 80% dos españois non pagan o prezo do pool e están a pagar menos que no ano 18 porque baixaron os mpostos”. Pode ser.
Pero engadiu entre as risas e o aplauso dos palmeiros: “Soamente os parvos que seguen coa tarifa regulada marcada polo Goberno pagan ese prezo”.
A última afirmación constata que este dirixente empresarial está fóra da realidade.
A primeira lei das empresas que saen cada día ao mercado para ofrecer produtos e servizos é respectar aos clientes, aos que xamais hai que chamar parvos aínda que ás veces parézano polo seu comportamento
Coa que está a caer “en xeral”, coa inflación que ten a súa primeira repercusión no recibo da luz, como pode ser tan bordo o presidente dunha empresa que ten millóns de clientes acollidos a esa tarifa?
Quen lle coñece e valoran a súa xestión á fronte da compañía din que a Sánchez Galán traizooulle o seu carácter impulsivo e vehemente, que ás veces lle leva a falar de forma displicente cunha dose de arrogancia supremacista. Esa é a explicación benévola, porque un personaxe do humorista satírico Carlos Romeu, #ante unhas manifestacións impertinentes dun político, preguntábase “Como se come isto?” e
el mesmo respondía que “cunha botella de tinto e chopo tras chopo”.
O presidente de Iberdrola debería saber que no negocio- oligopolio da luz, -no seu negocio- paradoxalmente todo é escuridade. A competencia practicamente non existe e os sucesivos ministerios do ramo e compañías eléctricas, como a que el preside, non informaron os clientes con claridade do sistema de formación de prezos.
Iso explica que a maioría dos usuarios non entenden o recibo mensual, non saben que é o pool, a poxa eléctrica, o mercado almacenista ou as peaxes de acceso; teñen dúbidas entre elixir o mercado libre e mercado regulado e non entenden a ristra de impostos.
E os poucos entendidos tampouco teñen fácil elixir a mellor tarifa porque o que un día é favorable para abaratar o recibo, á mañá seguinte resulta prexudicial.
Todo isto significa que os cidadáns, antes que parvos, somos vítimas. Hai poucos anos a Comisión Nacional da Enerxía, o órgano regulador deste mercado, denunciaba o desamparo cidadán #ante as eléctricas e admitía que as numerosas queixas dos usuarios “revelan unha situación de indefensión fronte á o incumprimentos por parte das empresas”.
Ese desamparo e indefensión dos cidadáns é o que debe erradicar o presidente de Iberdrola cunha boa política de información e co bo trato e esmerada atención aos seus abonados. Que non son parvos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.