Os maiores de Boiro camiñaron até Compostela dende o Monte do Gozo nunha andaina organizada polo Concello e a Cruz Vermella

02 Maio 2022

O Concello de Boiro e a agrupación local da Cruz Vermella organizaron unha saída a Santiago de Compostela na que participou un número moi relevante de persoas maiores do termo municipal. A actividade abeirouse ao programa Boirenses viaxeiros. A primeira viaxe foi precisamente unha andaina a Compostela, á que, amais dos maiores de Boiro, tamén se sumou o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus.

Preto de 100 persoas participantes nos obradoiros de memoria e outras actividades que desenvolve a Cruz Vermella en Boiro participaron nesta primeira actividade de Boirenses viaxeiros. A andaina levounos dende o Monte do Gozo ata o centro da cidade de Compostela, onde realizaron unha visita guiada.

O alcalde, José Ramón Romero, despediu aos asistentes en Boiro, que saíron en autobús para Santiago de Compostela e alí foron recibidos polo concelleiro de Servizos Sociais, quen afirmou que “tralo éxito desta primeira edición temos interese en continuar por esta liña e seguir favorecendo actividades de ocio para os nosos maiores”. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación de Cruz Vermella cos maiores do municipio: “Cada vez son máis as persoas de todas as parroquias as que participan nestas actividades, é fundamental para nós favorecer os servizos tamén no rural”, sinalou.

Esta primeira saída, que contou cunha andaina, visita polo cento da cidade é visita á Cidade da Cultura, tivo como obxectivo ofrecer aos maiores de todas as parroquias do municipio alternativas de ocio e tempo libre para manter a súa actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.