Os centros educativos e a Biblioteca de Boiro acollen en maio un ciclo de obradoiros de contacontos

06 Maio 2022

O Concello de Boiro, a través do grupo de traballo de bibliotecas, organiza este mes de maio uns obradoiros para aprender a contar contos para nais e pais impartido por Marta Ríos. Desenvolveranse baixo o epígrafe Contando coa familia.

As sesións levaranse a cabo nos centros de ensino e na Biblioteca Municipal de Boiro. A axenda comezo este día 5 maio no CEIP Santa Baia e proseguirá o día 12 no CEIP Cespón (pola tarde), o día 13 CEIP Abanqueiro, o día 19 no CEIP Praia Xardín (pola tarde a partir das 17h), o día 24 no CEIP Escarabote (a partir das 17h), o día 27 no CEIP Santa María do Castro (a partir das 17) e o día 28 na Biblioteca Municipal Ramón Martínez (en horario de 11 a 13h).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.