A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.112, deles 3.102 son da área da Coruña, 2.471 da de Lugo, 2.327 da de Ourense, 1.783 da de Pontevedra, 2.480 da área de Vigo, 2.700 da de Santiago e 1.229 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 690 en unidades de hospitalización e 15.400 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 571.738 persoas curadas, rexistrándose 3.356 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 1 de maio:Home de 77 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Día 2 de maio: Muller de 83 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee . Muller de 83 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.859.653. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.645.898. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
Por outra banda as infeccions seguen subindo en Ribeira, Noia e Boiro que xa superan o centenar de casos de covid nos últimos 14 días e Muros está a piques de exceder esa barreira. Estes catro concellos aglutinan o 63,7 % dos contagios que se rexistran na comarca.
