O PSOE de Ribeira achega unha trintena de propostas para seren materializadas co remanente de 2021

O grupo socialista de Ribeira, “ante a petición do alcalde de destinar parte do remanente de 2021 a axudas directas aos veciños de Ribeira, así como obras menores”, presentou unha listaxe de achegas e propostas para ser consideradas polo grupo de Goberno local.

Son propostas (accións con cargo ao Remanente de Tesourería 2021) que poñen o foco nos efectos do incremento de prezos dos alimentos e da electricidade e noutros prexuízos á cidadanía e ás empresas provocadas pola crise pandémica e a guerra de Ucraína, ás que se suman posíbeis investimentos en obras menores:

• Destinar a cantidade de 600.000 €., ao Plan Social de Axudas a familias de Ribeira, poñendo fincapé nas economías mais desfavorecidas do municipio.

• Adecuación Camiño público de Paramilla, entre rúa Gabaceira eo Agro de Cuña. Carreira.

• Adecuación Camiño público de Rañadas, entre Paramilla e a estrada do Vilar. Carreira.

• Adecuación do Camiño público de acceso ao Parque Periurbano de San Roque, limpeza, roce, rasanteo firme, iluminación, rehabilitación fonte. Incluír Códigos QR.

• Restauración paseo peonil de madeira Coroso.

• Restauración paseo peonil de madeira da Catía.

• Restauración do firme e das madeiras na senda peonil Celeiráns-Penisqueira.

• Restauración senda fluvial río Sanchanás, pavimento e guías de madeira. Instalar sinalización e códigos QR, no percorrido.

O río Sanchanás, ao seu paso por Artes

• Colocación de bancadas varias, e papeleiras, en puntos concretos do trazado da senda fluvial do río Sanchanás.

• Acondicionar e sinalizar novos tramos da senda fluvial do río Sanchanás, (1) entre Os Muíños ea Cascada; e (2) entre Os Muíños e Balteiro.

• Acondicionamento Camiño público Granxa de Campelos-Gándara-Dolmen de Axeitos, canalizando o regato.

• Habilitar espacio de ocio-miradoiro en San Alberto, con bancos e papeleiras. Asfaltar o acceso dende ó Polígono Xarás.

• Beirarrúas rúa da Cobasa e tras frigorífico, pavimentación.

• Asfaltado Camiño Campos da Cobasa (chabolas-canteira).

• Regularizar calzada nas rúas Vicanso, e Cobasa (raices).

• Rasanteo Camiño público entre A Cerca e Trastar.

• Alumeado rúa Pedras Miúdas (3 farolas). Aguiño.

• Pintado e coidado das torretas do Campo Municipal da Tasca

As torretas da Tasca

• Pavimentación rúa do Perico (prolongación). Aguiño.

• Rozamentos xeneralizados de camiños públicos (corredoiras).

• Capa de aglomerado vía entre Aldea Castiñeiras e Arade.

• Actuación no firme do camiño entre rúa Cabasas e Deán Pequeno.

• Pavimentación escaleiras entre C-550 e Deán Pequeno.

• Adecuación acceso rodado rúa das Sarreiras-Martín.

• Aperturar espacio para beirarrúas en rúa Sidreiras.

• Adecuación Camiño público Deán Pequeno-fonte da Agriña, en perpiaños ou lousas de pedra existentes.

• Asfaltado rúa das Airós-estrada Martín (Comisaría Policía).

• Habilitar accesibilidade na rúa Asteleiro co Paseo das Carolinas, eliminar barreiras arquitectónicas.

• Adecuación enlace Camiño público entre Ribeira-Pobra (continuación rúa Esteirón).

• Actuación no camiño público de Martín a Fieiteira (2 fases).

• Actuación CP-7307 Ameixida-Mosqueiros (beirarrúas).

• Sinalizar itinerario da senda peonil de Deán Grande, con estacas e códigos QR. Acondicionar firme en xabre.